SERVIZOS
adaptados ás túas necesidades
Todo o que precisas nun só lugar.
Contamos cunha gran variedade de servizos para facer realidade os teus soños e para facerche o día a día máis sinxelo no coidado e mimo dos teus xardíns. Se podes imaxinalo, nós o creamos. Se che resulta difícil imaxinalo, nós o desenvolvemos por ti.
Vas sorprenderte!
SERVIZOS
Deseño e creación de xardins residenciais
A partir das necesidades estéticas que demande o seu xardín, podemos axudarlle a proxectar un espazo acorde cos seus gustos persoais. O noso departamento técnico indicaralle as especies vexetais que mellor se adaptan ao terreo e á climatoloxía da zona. En todo momento será asesorado polos nosos técnicos, que lle informarán das últimas tendencias no campo do paisaxismo e empregarán modernos programas informáticos para realizar un deseño acorde ás súas necesidades.
Unha vez adaptadas as posibilidades do lugar ás súas preferencias estéticas e iniciativas persoais, procederemos á transformación do entorno para plasmar o deseño orixinal no hábitat paisaxístico soñado. Os movementos de terras, a instalación da rega, a aportación de gravas decorativas, mobiliario de xardín, elementos de iluminación e as plantacións iranse sucedendo ata a finalización do seu proxecto.
Entre os nosos servizos ofertamos a xardinería ecolóxica, co obxectivo de aconsellar e asesorar no cambio gradual desde a xardinería convencional a unha xardinería sostible e ecolóxica que recupere o uso de especies autóctonas e variedades locais, contribuíndo así á mellora do entorno.
Instalación de sistemas de rego
Realizamos todo tipo de instalacións de rego, así como reformas en instalacións existentes, arranxo de avarías, posta a punto incluíndo regulación e limpeza de aspersores e calquera outro servizo referente ao rego.
Para unha maior automatización traballamos cunha aplicación móbil gratuíta pensada para o control de módulos de gama residencial e profesional. Esta controla de forma remota programadores de grifo, a batería, eléctricos e módulos de automatismo, xa sexan Wifi ou Bluetooth.
Para a correcta instalación de rego é necesario realizar un proxecto previo, no que se teñen en conta o caudal dispoñible, así como as distintas zonas que se van a regar, para así instalar aspersores, difusores ou rego por goteo. Nós estudamos o seu xardín, realizando un proxecto e propoñéndolle a mellor solución, executando posteriormente o rego cos programadores, aspersores ou difusores máis adecuados para as súas condicións.
Se xa ten un sistema de rego, pero non funciona correctamente, contacte connosco e estudaremos o seu caso, propoñéndolle a reforma máis adecuada para a súa instalación, sempre aproveitando ao máximo os elementos instalados anteriormente. Tamén realizamos ampliacións de rego, adaptándonos ao rego xa existente, así como a posta a punto anual de todo o sistema de rego do xardín.
Desde a nosa liña de xardinaría ecolóxica traballamos para ofrecer un sistema de rego eficiente que favoreza un consumo responsable da auga, xa que esta é un ben necesario e escaso.
Mantemento de xardins residenciales
As tarefas adecuadas á evolución natural e controlada do xardín permiten que o entorno permaneza dinámico e belo en todo momento.
Siegas, podas, recortes, sachas, tratamentos... permiten a evolución do xardín dentro dos parámetros para os que foi concibido. A nosa empresa conta con persoal especializado para a execución de todas as tarefas encamiñadas á boa conservación do xardín, tanto se seleccionas a modalidade tradicional como se eliges os nosos servizos de xardinería ecolóxica.
A nosa empresa tamén ofrece o mantemento e coidado de herba artificial ou o asesoramento na automatización do coidado da herba coa axuda de robots cortacéspede.
Creación de ecosistemas acuáticos
Contamos con persoal cualificado e con experiencia no deseño e construción de estanques, fontes, cascatas, cursos de auga, xardíns acuáticos e áreas húmidas.
Un ecosistema agrupa moitas poboacións de especies animais e vexetais que comparten os recursos dun mesmo medio. Neste medio de vida, distínguese o conxunto dos seres vivos (plantas, animais), que constitúen a biocenose, e o ambiente xeolóxico (tipo de solo, clima, auga), que é o biotopo.
A asociación da biocenose e o biotopo constitúen un ecosistema, polo que a selección de todos os elementos debe realizarse de modo respectuoso e eficiente, garantindo a supervivencia de todos os elementos.
Piscinas naturais
As piscinas naturais (tamen coñecidas como piscinas ecolóxicas ou biopiscinas) non utilizan cloro nin outros produtos químicos, senón que depuran e purifican a auga da mesma forma que o fai a natureza: con plantas acuáticas, gravas e microorganismos beneficiosos.
Este sistema de depuración proporciona unha agradable piscina natural con plantas adaptada e integrada dentro do paisaxe do seu xardín, que respecta o medio ambiente, consome menos enerxía e require menos mantemento que unha piscina convencional. Ademais, ofrece un entorno saudable, belo e agradable no que gozar dun baño libre de produtos químicos, irritacións e alerxias.
Como colaboradores de BioNova, contamos cunha ampla experiencia no deseño e construción de piscinas naturais, tras máis de 25 anos e 1.000 piscinas construídas en todo o mundo. O sistema BioNova mellora o proceso de depuración natural, facéndoo máis sinxelo, efectivo e adaptándoo ás necesidades do seu xardín e da súa familia.
Podas e arboricultura
A poda e arboricultura requiren persoal especializado e maquinaria específica para realizar as tarefas e evitar riscos innecesarios.
Para as tarefas de poda en altura contamos cos últimos sistemas de trepa e acceso homologados para traballar no árbore, de modo que podemos realizar calquera tipo de poda de forma cómoda e segura.
Realizamos talas controladas de exemplares en situacións complexas, desmontando o árbore por partes para evitar danos na zona de traballo. No caso de árbores afectadas por especies invasoras como o picudo, que necesitan tratamentos específicos, contamos con anos de experiencia tanto na tala como na xestión dos residuos da mesma.
Horta
O noso persoal goza dunha ampla experiencia e formación no campo da agricultura ecolóxica, tanto na creación de hortos e plantacións como a nivel formativo.
Para a creación do teu horto ecolóxico, realizaremos un estudo no que analizaremos os elementos físicos e humanos que condicionarán a vida do mesmo. Plantexarémonos un deseño no cal se adaptarán os cultivos ao tipo de clima e ao solo, optando por plantar aquelas variedades que mellor encaixen coa zona. Tamén utilizamos adubos ecolóxicos e incluímos nos nosos deseños unha zona de compostaxe onde facer uso dos propios materiais de desecho (follas frescas, flores vellas, ramas podadas...) para xeralos. Para protexer o cultivo de pragas ou herbas adventicias, deseñamos unha correcta asociación de plantas que mellore o rendemento do horto e optimice o espazo dispoñible.
Do mesmo xeito, se o que buscas é a realización dunha plantación, asesorámoste na selección de especies autóctonas, a plantación, poda e outros coidados das mesmas.
Mobiliario de xardín
Construímos e instalamos todo tipo de mobiliario de xardín (pérgolas, cenadores de madeira, bancos, papeleras, paneis informativos...), elementos de iluminación (farolas, balizas, focos, proxectores acuáticos...) e mobiliario infantil (columpios, tobogáns, areeiros...).
Obra pública
Ecogarden Galicia conta cunha dilatada experiencia na execución de Obras Públicas. Levamos a cabo proxectos dunha gran esixencia técnica nos que demostramos un alto grao de eficacia e profesionalidade.
Aplicamos toda a nosa experiencia para garantir a máxima calidade, cumprindo cos prazos propostos e a aplicación dos sistemas e solucións construtivas máis eficientes para cumprir co proxecto. Realizamos diversas obras de concesión pública en todo o territorio galego, destacando os paseos, pasarelas, escaleiras e outros accesos realizados en madeira, tanto tratada como termotratada.
Ademais, deseñamos e executamos o entorno paisaxístico de grandes empresas, o acondicionamento de xardíns e parques nas principais cidades galegas e grandes obras de bioenxeñería en entornos naturais protexidos.